Noticias

A Xustiza anula a licenza do Tanatorio da Chavasqueira

A Xustiza anula a licenza de obra do Tanatorio da Chavasqueira outorgada polo goberno municipal o 29 de setembro de 2022.

Esta licenza foi denunciada no seu momento polo Grupo Municipal do BNG porque «non se axustaba ao establecido no planeamento urbanístico actualmente en vigor para ese ámbito concreto«.

A Xustiza anula a licenza do Tanatorio da Chavasqueira

Aclaran desde o BNG que «o lugar onde se pretendía situar o tanatorio para o que foi concedida a licenza encádrase no PXOM de Ourense dentro do sector urbano 31 (SU-31). Sinala o PXOM, en canto ás condicións de uso para este sector que as mesmas se axustarán ao cadro de usos permitidos e prohibidos que figuren no anexo correspondente».

A Xustiza anula a licenza do Tanatorio da Chavasqueira
Foto: BNG de Ourense

A recente sentenza do Xulgado do Contencionso-Administrativo nº2 de Ourense anula a licenza concedida polo concello de Ourense ó entender que está prohibido o uso que a licenza outorga nese ámbito urbanístico.

Luís Seara, portavoz nacionalista destaca que «a xustiza recolle todos os argumentos esgrimidos por nós no seu día, o que significa que estabamos no certo á hora de considerar ilegal a concesión de dita licenza». Lembra Seara que «estamos a falar dunha zona especialmente sensible e onde a execución de proxectos vinculados ao termalismo teñen que ter prioridade sobre calquera outro pois estamos a falar dunha zona de desenvolvemento eminentemente termal, algo que non di o BNG senón que tal e como ben de recoñecer a xustiza, figura no propio PXOM actualmente en vigor».

Botón volver arriba