Membros das XX. SS. de Ourense realizan unha «performance» diante do Espazo Lusquiños para conmemorar o primeiro cabodano do peche absoluto do edificio.
«Tanto dende XX.SS. como dende o GMS vimos aquí a lamentar a morte deste lugar que conlevou tamén a desaparición da programación de actividades para a xente nova», indicou Alba Iglesias, secretaria xeral da organización xuvenil.
As XX.SS realizan unha «performance» diante do Espazo Lusquiños
A «performance» que levaron a cabo diante do edificio consistiu en vestir de negro e portar cirios. «Despedimos o último recuncho de encontro seguro e inclusivo. Aquí descansan tamén centos de maquetas, das cales moitas chegaron a converterse en discos de éxito, descansan os soños de moitos músicos emerxentes» destacou Alba Iglesias.
A concelleira en Ourense non quixo perder a ocasión para pedir á xuventude que «non deixedes que a música alta e as luces de cores non vos deixen ver nin oír. Non podemos permitir que o ruído non nos deixe levantar as voces».
Neste acto de reivindicación, a secretaria xeral das xuventudes socialistas de Ourense estivo acompañada por Xurxo Doval, secretario xeral das XX.SS de Galicia.