Noticias

Cincuenta voces feministas analizan os retos pendentes en Ourense

As socialistas de Ourense celebraron o encontro 50 anos, 50 voces feministas, no que Enma López, secretaria de Economía da Executiva Federal do PSOE, Lara Méndez, secretaria de Organización do PSdeG, e Natalia González, secretaria xeral na cidade, dialogaron con 50 mulleres ourensás dos ámbitos empresarial, sindical, deportivo, educativo e asociativo.

As participantes reclamaron continuar “movendo os marcos” para reforzar os avances logrados polas mulleres nos últimos 50 anos de democracia fronte aos discursos de odio e machistas.

Cincuenta voces feministas analizan os retos pendentes en Ourense

O encontro serviu para intercambiar experiencias e detectar os retos máis urxentes do feminismo. O máis importante sería seguir transformando a realidade desde o ensino, o emprego e a lexislación, ámbitos nos que consideran que se deben consolidar dereitos e mellorar ferramentas de protección.

Cincuenta voces feministas analizan os retos pendentes en Ourense
Foto: PSOE

As asistentes destacaron que o avance feminista non é lineal e que precisa dunha resposta firme. “Cómpre fortalecer políticas que garantan igualdade real e efectiva”, subliñaron, nun ambiente no que se puxo en valor a diversidade de voces e traxectorias presentes.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.