Noticias

500 peregrinos chegan a Ribadavia e Boborás

500 peregrinos procedentes varios puntos de España e Portugal chegan hoxe a Ribadavia e Boborás a través do Camiño Miñoto-Ribeiro.

Mediante un acto na Deputación de Ourense presentouse esta iniciativa que terá durante tres días a 500 peregrinos en Ourense.

500 peregrinos chegan a Ribadavia e Boborás

No acto de presentación deste evento estiveron presentes Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia, Patricia Torres, alcaldesa de Boborás, Avelino de Francisco, alcalde de Cortegada e presidente da Asociación de Concellos do Camiño Miñoto-Ribeiro, Cesar M. Fernández, vicepresidente da Deputación, e David González, presidente de Amigos del Camino Xacobeo Miñoto-Ribeiro.

500 peregrinos chegan a Ribadavia e Boborás

«Unha oportunidade única para poñer en valor o noso concello», destaca Noelia Rodríguez, alcaldesa de Ribadavia ante a posibilidade de recibir ós peregrinos. Nos últimos meses, Ribadavia está a ver incrementada a súa actividade turística. O atractivo que posúe o concello de Ribadavia (casco histórico, Viño do Ribeiro, gastronomía, natureza), vese reforzado coa programación cultural como é a Mostra Internacional de Teatro.

Foto: Depourense.gal

Cesar Manuel Fernández representou a Deputación provincial, colaborada nesta iniciativa e mostrou as actividades coas que se dará a benvida ós peregrinos.

Xoves, día 28
21:30h – Festival de danzas tradicionais na Praza Maior de Ribadavia – Grupo Castro Floxo
Proxección do documental sobre o camiño Miñoto-Ribeiro no Castelo de Ribadavia

Paralelamente á esta visita, a Asociación de Amigos do Camiño Miñoto-Ribeiro convocou un concurso fotográfico. As tres fotos con máis «me gusta» recibirán 1.000 euros en premios. O concurso desenvólvese en Instagram baixo o título «A foto do camiño».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba