Entrevistas

Entrevista a Noelia Rodríguez, próxima alcaldesa de Ribadavia

Con motivo da moción de censura que se puxo en marcha, realizamos unha entrevista a Noelia Rodríguez, próxima alcaldesa de Ribadavia onde nos aporta a súa visión de este momento político.

O acordo entre o Partido Socialista de Ribadavia e Ribeiro en Común dará o bastón de mando a Noelia Rodríguez que se converterá na alcaldesa de Ribadavia.

Á espera de que o aínda alcalde, Cesar Manuel Fernández Gil nos aporte tamén as súas respostas ás preguntas de Ourensenarede.com, mostramos a entrevista coa futura alcaldesa de Ribadavia.

Entrevista a Noelia Rodríguez Travieso

Unhas poucas preguntas para que Noelia Rodríguez Travieso nos mostre o momento político que está a suceder en Ribadavia desde o seu punto de vista.

Entrevista a Noelia Rodríguez, próxima alcaldesa de Ribadavia
Entrevista a Noelia Rodríguez, próxima alcaldesa de Ribadavia

¿Era previsible chegar a esta Moción de Censura?

Ribadavia ten unha maioría de esquerdas na corporación municipal con 8 concelleiros pertencentes a 3 partidos políticos, polo que estábamos encomendados a entendernos, como así o dixo a cidadanía nas furnas nas pasadas Municipais; a única posibilidade para rescatar a Ribadavia do ostracismo e a parálise na que a sumiu o goberno municipal do Partido Popular. Este é un acordo a prol da veciñanza, por riba de siglas políticas e cun obxectivo claro, cambiar o sino do noso municipio, sumido nos últimos case dous anos en políticas clientelares e caciquismo e na máis absoluta parálise.

¿Os veciños de Ribadavia entenden este cambio no goberno municipal?

A veciñanza entende, comprende e apoiará este cambio, pois vai en beneficio deles. Tomamos esta decisión pola inacción e a falta de xestión do actual goberno do PP que estaba abandonando aos veciños e veciñas e tamén o municipio. O noso principal obxectivo e traballar duro e con total lealdade pola nosa veciñanza, xa que son o motor de Ribadavia, o activo máis importante e debémonos por completo a eles. Por este motivo, un dos nosos obxectivos como grupo de goberno é reforzar canto antes as políticas sociais a través duns orzamentos que aposten pola veciñanza, pola axuda no fogar, polo noso asilo e en definitiva polas persoas.

Facendo balance

¿Como valora a acción de goberno de Cesar M. Fernández neste ano e 8 meses de mandato?

A única valoración que se pode facer é negativa. O Partido Popular nunca lle interesou nin o presente nin o futuro da vila, solo buscaron a propaganda e o populismo. Estamos ante un goberno que presumía de gobernos amigos na Deputación de Ourense e Xunta de Galicia e que non foi capaz de conseguir nin un só investimento importante para Ribadavia. A elo temos que sumar a pésima xestión, cando o anterior goberno socialista deixou conqueridas obras importantes como o campo de fútbol do Xestal, a reforma do Parque Robla ou a construción das beirarrúas de Francelos.

O PP non só non continuou coas obras como aconteceu en Francelos, senón que incluso cambiou o proxecto como no caso do Parque Robla, facendo dun proxecto de vangarda unha chapuza. E non cabe esquecer a chapuza que Baltar e Fernández realizaron na obra do campo de fútbol do Xestal, cun céspede impracticable e unha obra rematada e chea de deficiencias.

Mirando ás eleccións de 2023

A acción do goberno que inician será respaldada nas eleccións de 2023?

Quedará respaldada dende o momento que accedamos ao goberno municipal e nos poñamos a traballar por Ribadavia e os seus veciños e veciñas. Hai moito traballo que facer, e temos a responsabilidade de dar solución aos problemas diarios e reais da nosa veciñanza, que agora mesmo son moitos e en parte por culpa da nefasta xestión do PP. Vamos a pelexar porque Ribadavia teña os investimentos que merece e deixe de ser a gran esquecida polo resto de administracións.

Noelia Rodríguez e Nacho Gómez
Noelia Rodríguez e Nacho Gómez

A foto da corporación municipal para o que resta de mandato móstranos….

Amósanos un futuro esperanzador, progresista, de grandes cambios, de esperanza e especialmente de feminismo. As mulleres vamos a coller o protagonismo e vamos a amosar que temos a mesma ou maior capacidade para xestionar este concello que os homes. Será a foto do futuro e de novos tempos para Ribadavia. 

Vou a loitar pola desigualdade entre mulleres e homes e romper estes teitos de cristal que desgraciadamente aínda existen e máis en política. Estou orgullosa e para min é unha honra ser a 1ª muller alcaldesa da historia de Ribadavia, e afronto este proxecto con responsabilidade, respecto e humildade pola mellora constante das veciñas/os do meu concello.

 O meu estímulo é facelo o mellor posible, traballar como xa o fixen estando dentro do goberno de Nacho Gómez. Estou disposta a abrir pontes na comarca do Ribeiro, xa que todos dependemos de todos e máis nesta pandemia que nos esta a castigar. Independentemente das cores políticas, e por suposto espero poder contar coa colaboración das administracións como a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.

Entrevista realizada a Noelia Rodríguez Travieso o 9 de febreiro de 2021.

Escuela de Música en Ourense

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Botón volver arriba