A Casa dos Mestres de Trasmiras organiza un Scape Room para celebrar o Samaín na antiga escola.
Esta orixinal proposta de lecer terá lugar os días venres 30 e sábado 31 de outubro de 2026. A iniciativa promete unha experiencia terrorífica e divertida deseñada para públicos de todas as idades.
A Casa dos Mestres organiza un Scape Room polo Samaín
O evento desenvolverase o venres de 19:00 a 22:00 horas e o sábado de 18:00 a 21:00 horas. A actividade inclúe a dinámica de «truco ou trato». A organización tamén confirmou que haberá música, petiscos, bebidas e sorteos para complementar a xornada.
Os prezos da entrada son de 6 euros por persoa ou 30 euros por grupo pechado de 6 persoas. Dado que o aforo é limitado, recoméndase realizar a reserva anticipada.

As persoa interesadas poden obter máis información e inscribirse a través do teléfono 647 46 87 59 ou na páxina web www.casadosmestres.com

