As piscinas municipais de Vilaseca, no Concello de Trasmiras, permanecerán temporalmente pechadas tras un acto vandálico ocorrido durante a noite.
Segundo informa o Concello, unha persoa accedeu á instalación e defecou dentro da piscina, provocando unha situación de insalubridade que obriga a aplicar medidas de limpeza e seguridade antes de recuperar o baño.
Pechan as piscinas de Trasmiras por un acto vandálico
A instalación permanecerá pechada ata que se realicen as correspondentes análises da auga e se confirme que reúne as condicións necesarias para o seu uso.

O Concello de Trasmiras condenou «rotundamente» este comportamento e lembrou que as piscinas son unha instalación pública mantida por toda a veciñanza. A Administración municipal pediu responsabilidade e respecto polos espazos públicos e sinalou que informará sobre a reapertura tan pronto como dispoña dos resultados das análises.

