Eventos

O Cabalo Fosforito combina creación artística e literatura infantil

O espazo cultural O Cabalo Fosforito, en Ourense, acollerá o sábado 21 de novembro un obradoiro de creación artística para crianzas e adultos, impartido por Marta Dorribo.

A actividade permitirá compartir unha experiencia creativa en familia a través do debuxo e do humor.

O Cabalo Fosforito combina creación artística e literatura infantil

Baixo o título Unha risa de retrato, o obradoiro explorará diferentes técnicas para retratarse uns aos outros dun xeito divertido. Non será necesario ter coñecementos previos nin saber debuxar, xa que a proposta está pensada para gozar do proceso creativo.

O Cabalo Fosforito combina creación artística e literatura infantil

A actividade desenvolverase de 11:00 a 12:30 horas nas instalacións de O Cabalo Fosforito, situadas na avenida de Marín, 37. Está dirixida a parellas formadas por unha crianza de polo menos cinco anos e un adulto. O prezo é de 20 euros por parella, con todo o material incluído, e as prazas están limitadas a oito parellas.

As inscricións poden realizarse mediante mensaxe privada ou a través do correo electrónico ocabalofosforito@gmail.com.

Presentación dun libro infantil

Ao rematar o obradoiro terá lugar a presentación de Por arte de risa. A verdadeira historia da Mona Lisa, un libro escrito por Rita Doallo e ilustrado por Atolonia. A autora estará presente para compartir a publicación co público e asinar exemplares.

O Cabalo Fosforito combina creación artística e literatura infantil

Botón volver arriba