Eventos

Lobeira celebrará o seu Magosto o 14 de novembro

O Concello de Lobeira celebrará o Magosto 2026 o vindeiro sábado 14 de novembro, cunha programación que combinará actividades infantís e a tradicional degustación popular de castañas na Praza do Toural.

A xornada comezará ás 17:00 horas coa apertura da Porta do Parque de Lobeira.

Lobeira celebrará o seu Magosto o 14 de novembro

Alí, os máis pequenos poderán participar nas propostas de animación do grupo Máis que Brincos, que estará presente ata as 20:00 horas.

Posteriormente, ás 19:00 horas, terá lugar o Magosto Popular na Praza do Toural, cunha degustación para compartir unha tarde de convivencia arredor dunha das tradicións máis arraigadas do outono galego.

Lobeira celebrará o seu Magosto o 14 de novembro.

Botón volver arriba