O Pavillón Municipal da Merca acollerá o venres 6 de novembro, a partir das 20:00 h, unha nova edición do Magosto Popular, unha cita que combinará gastronomía tradicional, música e convivencia veciñal.
O menú incluirá chourizo, costela, castañas, bica, pan, auga e viño.
A Merca celebrará o seu Magosto Popular o 6 de novembro
A festa contará tamén coa animación dun grupo de pandereteiras e gaitas.

Esta celebración busca reunir ós veciños arredor da mesa e manter vivas as tradicións propias do outono.

