O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, visitou o concello da Merca xunto ao alcalde, José Manuel Garrido, para coñecer as melloras realizadas na Asociación de Veciños San Pedro da Mezquita.
A entidade recibiu case 12.000 euros para rehabilitar a antiga escola do núcleo, con actuacións centradas na eliminación de barreiras arquitectónicas, renovación eléctrica e mellora das condicións do inmoble.
A Xunta destina 12.000 euros a unha asociación da Merca
Pardo lembrou que está aberta ata o 20 de abril unha nova convocatoria destas axudas, dotada con 3 millóns de euros, co obxectivo de apoiar o labor social e cultural das asociacións.

Desde a súa posta en marcha, o programa suma preto de 30 millóns investidos e máis de 2.300 entidades beneficiadas en Galicia.
A xornada incluíu tamén unha visita á Asociación Veciñal Miño Mar, en Castrelo de Miño, para informar sobre o acceso a estas subvencións, que poden cubrir o 100% dos investimentos ata un máximo de 12.000 euros en obras e 5.000 euros en equipamento.


