Noticias

Ourense reivindica o apoio ás persoas con dano cerebral adquirido

Ourense conmemorou este 26 de outubro o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido cun acto organizado por DCA Ourense, que incluíu a lectura do manifesto «A vida continúa. O apoio tamén» e unha xornada de portas abertas na sede da entidade, na rúa Clara Campoamor.

O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, participou na convocatoria e reafirmou o compromiso do Goberno galego coas persoas afectadas. Este apoio realízase a través de recursos específicos, programas de rehabilitación e medidas destinadas a favorecer a súa autonomía e inclusión social.

Ourense reivindica o apoio ás persoas con dano cerebral adquirido

Pardo tamén destacou o papel das entidades sociais no acompañamento diario das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias, así como a importancia da colaboración entre as administracións e o tecido asociativo para mellorar a súa calidade de vida.

Ourense reivindica o apoio ás persoas con dano cerebral adquirido.
Foto: Delegación da Xunta.

A concelleira de Benestar Social, Tamara Silva, e representantes dos grupos políticos municipais tamén asistiron aos actos, que buscaron dar visibilidade ás necesidades do colectivo e compartir os proxectos que desenvolve DCA Ourense.

Esta asociación traballa desde 2002 para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e das súas familias. A conmemoración pretende, ademais, reivindicar o seu dereito a unha vida plena e reforzar o compromiso coa súa participación na comunidade.

Botón volver arriba