Eventos

O Irixo celebra 50 anos de música tradicional cunha foliada

A IV Bullada de Outono do Irixo reunirá música e baile tradicional o sábado 17 de outubro no pavillón polideportivo municipal, cun programa que incluirá agrupacións folclóricas, unha foliada aberta e o concerto de Xisco Feijóo.

A cita enmárcase na celebración dos 50 anos da Banda de Gaitas e Danzas O Irixo.

O Irixo celebra 50 anos de música tradicional cunha foliada

A xornada comezará ás 18:00 horas cun obradoiro de baile tradicional galego impartido por Ismael Rodríguez. A partir das 19:00 horas, o recinto acollerá a foliada coas actuacións de Sete Estralos, Os Biruxes, Os Trasnos de Doade, Pandeireteiras Ponte da Prata, De Pé Feito, Pandeireteiras Xúa da AOFT, Ferreñas do Testeiro e as Pandeireteiras de Zobra.

Un dos momentos centrais será o concerto de Xisco Feijóo co espectáculo Traede Ferrallada. Ao rematar, os asistentes poderán participar na foliada libre, aberta a todas as persoas que queiran sumarse coa súa propia música e instrumentos.

A organización tamén habilitará un servizo de bar, venda de bocadillos e bebidas e postos de merchandising oficial. Ademais, durante a xornada realizaranse diferentes sorteos, para os que xa se poden adquirir rifas, tamén dispoñibles o propio día do evento.

Publicaciones relacionadas
O Irixo celebra 50 anos de música tradicional cunha foliada
IV Boullada de Outono.

A iniciativa, organizada pola Banda de Gaitas e Danzas O Irixo e a Asociación de Gaiteiros do Irixo, busca recuperar as tradicionais bulladas, nome co que se coñecen as foliadas nesta localidade. A celebración pretende favorecer o intercambio entre xeracións e manter viva a música tradicional galega, coincidindo co medio século de historia da agrupación.

Botón volver arriba