Noticias

O PSdeG reforza o seu traballo no Carballiño

O PSdeG-PSOE de Ourense intensifica a súa presenza na comarca do Carballiño cunha nova reunión comarcal na que reafirma o seu compromiso cun territorio clave para o equilibrio político da provincia.

A Executiva Provincial reuniu a cargos orgánicos e institucionais para dar continuidade ao traballo iniciado e avanzar nunha alternativa ao Partido Popular, cuxas políticas cualifican de “continuistas e baseadas en dinámicas caciquís”.

O PSdeG reforza o seu traballo no Carballiño

No encontro participaron representantes socialistas de O Carballiño, Maside, Punxín, Boborás e O Irixo.

O PSdeG reforza o seu traballo no Carballiño
Foto: PSdG

Segundo o partido, a xuntanza permitiu reforzar a coordinación coas agrupacións locais e avanzar na construción de candidaturas “fortes e conectadas coa realidade de cada concello”.

O PSdeG subliña que a comarca será determinante nas eleccións municipais de 2027, co obxectivo de consolidar as alcaldías actuais e ampliar presenza en máis concellos.

Botón volver arriba