Noticias

O BNG denuncia atrasos no Centro de Saúde do Carballiño

O BNG denuncia que a Xunta incumpriu o compromiso de licitar o novo Centro de Saúde do Carballiño no primeiro semestre de 2026.

A deputada Noa Presas criticou este xoves que, a dous meses de rematar o ano, non hai proxecto nin orzamento e tampouco se derrubou a antiga estación de autobuses, onde se construirá a infraestrutura sanitaria.

O BNG denuncia atrasos no Centro de Saúde do Carballiño

Acompañada polo candidato nacionalista á Alcaldía, Manuel Chan, Presas lembrou que o PP anunciou o centro en 2021 e cualificou a situación de «absoluto escándalo».

O BNG denuncia atrasos no Centro de Saúde do Carballiño
Foto: BNG.

A formación considera que o novo equipamento é necesario para resolver as carencias das instalacións actuais e reclama á Xunta que licite o proxecto de inmediato. Ademais, avanzou que presentará emendas aos orzamentos de 2027 para garantir unha partida específica.

O BNG tamén pide reforzar os servizos sanitarios, especialmente en pediatría, matronas, xinecoloxía e radioloxía, con máis profesionais e horarios de atención.

Botón volver arriba