A escritora e contacontos Rita Doallo presentará o vindeiro sábado, 19 de setembro, ás 12:30 h, no OZOCOgz do Carballiño, o seu libro Astralistoria.
Estará acompañada pola ilustradora Estefanía Padullés e pola escritora carballiñesa Sonia Moral.
«Astralistoria» chega ao OZOCOgz da man de Rita Doallo
O encontro permitirá coñecer de preto unha obra que foi distinguida co IV Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2025, un recoñecemento que pon en valor unha historia vinculada á memoria e ás relacións afectivas nun contexto no que o alzhéimer ten cada vez maior presenza na sociedade.

A sesión combinará contacontos, literatura e ilustración, coa participación das tres autoras. Sonia Moral incorporouse á presentación a última hora e, por ese motivo, non figura no cartel do evento.
A actividade terá lugar no espazo OZOCOgz, na rúa Curros Enríquez, 29, no Carballiño.

