Noticias

Avantar recoñece o ensino en galego co premio Ernesto Atanasio

A Agrupación Cultural Avantar entregará o vindeiro 24 de outubro o III Premio Ernesto Atanasio, coñecido como «O Corcheiro», ás escolas Semente, en recoñecemento ao seu labor educativo integramente en galego.

O acto celebrarase ás 19:30 h no salón de actos do Casino do Carballiño e contará coa presenza de representantes das escolas premiadas.

Avantar recoñece o ensino en galego co premio Ernesto Atanasio

A entrega do galardón incluirá unha actuación musical a cargo de Sergio Tannus e Marta Bravo. Con este recoñecemento, Avantar destaca o traballo das escolas Semente na defensa e promoción da lingua galega no ámbito do ensino.

Avantar recoñece o ensino en galego co premio Ernesto Atanasio.

Botón volver arriba