Eventos

Ponte Vella celebra 25 anos cun outubro cheo de actividades

O centro comercial ourensán organiza maxia, contacontos, talleres infantís, música e propostas familiares durante todo o mes do seu aniversario.

O centro comercial Ponte Vella celebra o seu 25 aniversario cunha programación especial durante outubro, con actividades de maxia, contacontos teatralizados, baile, talleres creativos e propostas de lecer para todos os públicos.

Ponte Vella celebra 25 anos cun outubro cheo de actividades

A maxia terá lugar todos os sábados ás 19:00h na segunda planta. Actuarán Dani Polo, Mago Albert, O Mago Paco, José Rivera e Pablo Estévez. A programación infantil inclúe tamén os contacontos Eu quero voar, de Bea Iglesias, o 17 de outubro, e Xela, aventura na fraga, de Inma Soto, o día 23, ambos ás 18:00 h.

O sábado 24, de 17:00 a 20:00 h, celebrarase unha festa infantil con bailes, mascotas, pasacalles, globoflexia, fotomatón, karaoke e xogos populares. Ademais, do 16 de outubro ao 14 de novembro desenvolveranse talleres de debuxo e pintura con Leandro Sánchez. Estas actividades precisan inscrición previa na web do centro comercial.

A programación complétase con música e poesía do Círculo Poético Ourensán, exhibicións da escola Estilo Libre e unha concentración de coches deportivos de alta gama. O sábado 31, Ponte Vella celebrará o Samaín cun photocall de levitación e pintacaras.

Durante o mes tamén estarán dispoñibles os talleres infantís os xoves, venres e sábados, con visitas de Ponti os sábados, e a zona gaming os venres e sábados na planta baixa.

Ponte Vella celebra 25 anos cun outubro cheo de actividades

Botón volver arriba