Maceda prepárase para celebrar a IV Xuntanza Os do Fuelle este próximo 23 de outubro.
O Restaurante A Diligencia acollerá esta tradicional cita musical a partir das 21:00 horas, nun encontro que reunirá a destacadas formacións de música tradicional.
Maceda acolle a IV Xuntanza Os do Fuelle
O cartel desta cuarta edición conta coas actuacións do grupo de cantareiras e pandeireteiras Zoadeira, o grupo de cantos de taberna Cuncas do Son e os anfitrións Os do Fuelle, procedentes do propio concello de Maceda. A velada ofrecerá ás persoas asistentes un completo percorrido pola cultura do folclore e a música popular galega.

A Cea está aberta á inscrición de calquera persoa interesada en participar neste encontro musical. A organización lembra que o evento dispón de aforo limitado e que o prezo do menú é de 15 euros.
