Eventos

A Asociación Galega das Castañas organiza unha xornada formativa en Maceda e Trives

A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, coa colaboración do Grupo Tragsa, celebrará o vindeiro 4 de xullo unha nova xornada formativa centrada na produción de planta de castiñeiro e na xestión dos soutos.

Esta actividade comezará ás 10:00 h no Viveiro de Tragsa, situado no concello de Maceda.

A Asociación Galega das Castañas organiza unha xornada formativa en Maceda e Trives

Durante a mañá, os participantes poderán coñecer de primeira man os procesos de produción de planta mediante métodos clásicos e biotecnolóxicos, con especial atención aos portaenxertos e á planta enxertada. Posteriormente, a comitiva desprazarase ata o monte veciñal en man común de Calvelo, tamén en Maceda, para realizar unha visita práctica á plantación existente.

A programación inclúe ademais un xantar de irmandade para todas as persoas asistentes. Xa pola tarde, a actividade trasladarase ao concello da Pobra de Trives. Alí realizarase unha visita guiada aos tradicionais Sequeiros de Pena Folenche, un dos elementos máis representativos do patrimonio ligado á castaña na provincia.

A Asociación Galega das Castañas organiza unha xornada formativa en Maceda e Trives

A participación é gratuíta e aberta ao público, sen necesidade de pertencer á asociación organizadora. Con todo, a entidade lembra que, por motivos de aforo e organización, é imprescindible realizar inscrición previa para asistir ás diferentes actividades programadas.

Botón volver arriba