Eventos

Maceda acolle o XVII Certame de Música Galega

Maceda converterase este sábado nun punto de encontro para a música coral coa celebración do XVII Certame de Música Galega.

Esta cita está organizada pola Coral Albricias de Maceda e reunirá a formacións de distintos puntos de Galicia na Igrexa das Neves.

Maceda acolle o XVII Certame de Música Galega

O evento terá lugar o sábado 16 de maio ás 20:00 h e permitirá ao público desfrutar dun repertorio centrado na música galega interpretado por catro agrupacións corais.

Xunto á entidade anfitrioa, a Coral Albricias de Maceda, participarán a Agrupación Coral-Escola de Trasmiras, o Grupo Coral Cantarela de Riós e a Agrupación Coral Polifónica A Cañiza, nunha xornada que busca poñer en valor a tradición coral galega e fomentar o intercambio cultural entre agrupacións.

A cita, que alcanza xa a súa décimo sétima edición, consolídase como unha das propostas musicais destacadas da primavera na comarca, reunindo sobre o escenario voces procedentes de diferentes concellos galegos nunha celebración da música e da cultura popular.

Maceda acolle o XVII Certame de Música Galega

O certame conta coa organización do Concello de Maceda xunto á Coral Albricias, así como coa colaboración de diferentes entidades e institucións.

Botón volver arriba