Noticias

Ourense abre o prazo para as casetas do Mercado de Nadal

O Concello de Ourense abre este martes 27 de outubro o prazo para que as empresas interesadas soliciten a explotación das 20 casetas do Mercado de Nadal 2026, que se instalarán no parque de San Lázaro entre o 4 de decembro e o 6 de xaneiro.

O mercado busca dinamizar a actividade comercial, artesanal e turística da cidade durante as festas.

Ourense abre o prazo para as casetas do Mercado de Nadal

As concesións adxudicaranse mediante concorrencia competitiva e distribuiranse en dúas categorías: 13 casetas de artesanía, produtos creativos e decoración do Nadal e outras sete de alimentación.

Ourense abre o prazo para as casetas do Mercado de Nadal
Foto: Concello de Ourense.

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ata o 5 de novembro ás 14:00 h. As bases completas están dispoñibles na sede electrónica e na páxina web municipal.

Botón volver arriba