Noticias

A Feira da Chinita reunirá a comunidade venezolana en Ourense

A Feira da Chinita celebrará a súa décima edición en Ourense o domingo 8 de novembro, cunha xornada de música, gastronomía e cultura venezolana no Campo da Feira, de 12:00 a 21:00 h.

A entrada ó evento será de balde.

A Feira da Chinita reunirá a comunidade venezolana en Ourense

O encontro, que conta coa colaboración do Concello de Ourense, reuniu máis de 3.500 persoas na edición de 2025. O programa inclúe actuacións de Jonathan Moly, Los Coleguitas, Gaiteros del Zulia e Misael Sánchez, ademais de DJ e Hora Loca.

Ourense abre o prazo para as casetas do Mercado de Nadal.
Foto: Concello de Ourense.

A feira tamén ofrecerá comida típica venezolana, actividades infantís, postos de emprendedores e a elección da raíña.

A celebración homenaxea a Virxe de Chiquinquirá, padroa de Maracaibo, e busca reunir a comunidade venezolana residente en Galicia. A organización tamén convida a participar á cidadanía galega, á que agradece a acollida recibida.

Os promotores lembran que a cita comezou cunha asistencia aproximada de 1.500 persoas e superou as 3.500 na última edición.

Botón volver arriba