Noticias

O PSOE da Merca acusa o alcalde de “branqueamento”

O PSdeG-PSOE da Merca acusa o alcalde, José Manuel Garrido, de impulsar unha estratexia de “branqueamento e control de danos” tras a publicación dunha reportaxe sobre a súa actividade como médico nunha clínica privada.

O voceiro socialista, Carlos Sousa, vincula o artigo coas denuncias realizadas polo grupo no último pleno sobre posibles irregularidades na concesión dunha residencia de maiores.

O PSOE da Merca acusa o alcalde de “branqueamento”

O PSOE cuestiona como un contrato cun valor estimado superior aos 25 millóns de euros puido quedar reducido presuntamente a 257.000 euros.

O PSOE da Merca acusa o alcalde de “branqueamento”
Carlos Sousa.

Sousa critica tamén as declaracións do rexedor, que afirmou que ser alcalde é “un engadido” e que case o é “de maneira virtual”. “Unha alcaldía non pode ser virtual cando se trata de tomar decisións, xestionar recursos públicos e asumir responsabilidades”, sinala.

Os socialistas denuncian ademais abandono dos servizos básicos, falta de mantemento e deterioración democrática no Concello. “Ou está ao 100% ou dá un paso ao lado”, reclama Sousa, que anuncia que o grupo continuará coa súa labor de fiscalización e investigación.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba