Noticias

O PSOE da Merca denuncia ao goberno local do PP ante a Fiscalía

O PSdeG-PSOE da Merca anunciou a presentación dunha denuncia penal ante a Fiscalía Provincial de Ourense contra membros do goberno local do Partido Popular.

A acción diríxese contra o alcalde, José Manuel Garrido Sampedro; o concelleiro e deputado provincial Rosendo Luís Fernández Fernández; e o secretario-interventor municipal.

O PSOE da Merca denuncia ao goberno local do PP ante a Fiscalía

Segundo sinala a formación socialista nun comunicado, a denuncia baséase en documentación e gravacións que, ao seu xuízo, apuntan a posibles delitos de prevaricación administrativa, falsidade documental e inxurias graves á autoridade.

O PSOE da Merca denuncia ao goberno local do PP ante a Fiscalía

O voceiro socialista, Carlos Sousa, afirma que a decisión de acudir á vía penal busca “defender a legalidade democrática e a seguridade do municipio”. O PSOE local sostén que o goberno municipal pretendía levar o conflito á vía contencioso-administrativa para atrasar unha resolución sobre os orzamentos de 2026.

“Este atropelo non se vai dirimir pola vía lenta dos despachos, senón ante a xurisdición penal”, asegura Sousa no comunicado.

Os socialistas avanzan ademais que estudarán solicitar a suspensión cautelar dos orzamentos municipais e reclaman a dimisión do alcalde, da concelleira de Urbanismo Josefina Carrera Carrera e de Rosendo Luís Fernández Fernández.

Botón volver arriba