Ribeiro en Común levará ao Pleno de setembro unha moción para reclamar que a nova residencia de maiores anunciada pola Xunta en Ribadavia sexa de titularidade e xestión plenamente públicas, a través da Fundación Nosa Señora dos Anxos.
A formación considera positiva a construción do novo centro, pero expresa a súa preocupación polo modelo anunciado pola Xunta, que contempla que só o 60 % das prazas das novas residencias sexan públicas.
Ribeiro en Común reclama unha residencia pública en Ribadavia
Ribeiro en Común reclama tamén unha reunión urxente do Padroado da Fundación, presidido pola Alcaldía, para abordar o proxecto. Segundo sinala, os terreos previstos serían os adquiridos xunto ao Campo da Feira, inicialmente destinados a un novo centro de saúde.

A moción propón que o Concello facilite os trámites urbanísticos e a cesión dos terreos necesarios, sempre que se garanta o carácter público e a xestión directa da residencia.

