Noticias

Ribeiro en Común pide revisar o convenio da Praza de Abastos

Ribeiro en Común reclamou a rectificación do convenio entre o Concello de Ribadavia e a Xunta para a reforma da Praza de Abastos ao considerar que o seu sistema de financiamento pode comprometer a tesourería municipal en 2027.

A formación basea a súa petición no informe da Intervención municipal, que, segundo asegura, advirte do risco de que o Concello teña que adiantar o pagamento e a xustificación das obras.

Ribeiro en Común pide revisar o convenio da Praza de Abastos

Segundo Ribeiro en Común, o impacto económico destes convenios sumaríase á aplicación da Relación de Postos de Traballo (RPT), o que elevaría de forma significativa o gasto municipal durante o próximo exercicio.

Ribeiro en Común pide revisar o convenio da Praza de Abastos

A formación cifra en arredor de 500.000 euros o incremento anual do capítulo de persoal derivado da RPT. Ademais, estima que o Concello debería adiantar uns 448.000 euros para a obra da Praza de Abastos —incluíndo a achega municipal e o anticipo dunha parte da financiación doutras administracións— e preto de 400.000 euros máis para a rehabilitación do antigo Consello Regulador mediante outro convenio coa Xunta e Agader.

Ribeiro en Común sostén que esta situación podería obrigar ao futuro goberno municipal a recorrer a préstamos bancarios se non se modifican as condicións dos convenios. Como alternativa, propón que sexa a Deputación de Ourense quen adiante a parte correspondente ao Concello ou que se reformule o calendario de pagamentos para evitar tensións de tesourería.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba