Noticias

Ribeiro en Común leva tres mocións ao pleno de Ribadavia

O pleno de Ribadavia deste xoves 29 de outubro, ás 20:00 h, debaterá tres mocións de Ribeiro en Común sobre vivenda pública, puntos de carga para vehículos eléctricos e melloras na rúa Baixada da Barca.

A sesión poderá seguirse presencialmente no salón de plenos do Concello e a través da web municipal.

Ribeiro en Común leva tres mocións ao pleno de Ribadavia

A primeira iniciativa reclama impulsar a construción de vivenda pública no municipio. Ribeiro en Común propón varios terreos para este fin, entre eles un situado no barrio de San Lázaro, e critica que o goberno local do PP non facilite solo para desenvolver novas promocións.

Ribeiro en Común leva tres mocións ao pleno de Ribadavia.

A segunda moción pide recuperar o punto público de carga para vehículos eléctricos que, segundo Ribeiro en Común, quedou preparado en 2023 e continúa sen funcionar. Ademais, solicita instalar novos dispositivos de carga rápida para atender tanto a veciñanza como as persoas visitantes.

A terceira proposta céntrase na mellora da seguridade e dos servizos da rúa Baixada da Barca. Ribeiro en Común reclama reconstruír un muro municipal que leva anos derrubado, instalar unha varanda na ponte do ferrocarril e colocar luminarias na vía. Tamén pide sinalizar a preferencia peonil da rúa e limitar o acceso de vehículos aos residentes e propietarios de fincas.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba