Sucesos

Controlado o incendio que afectou a Melón e Ribadavia

Podería estar controlado o incendio que afectou unha importante superficie dos concellos de Melón e Ribadavia tras intensas xornadas de traballo.

Un lume que comezaba no concello de Melón avanzaba ata a zona de A Franqueirán (Ribadavia) pondo en risco ós veciños da zona.

Controlado o incendio que afectou a Melón e Ribadavia

Desde o primeiro momento, un importante dispositivo de extinción de incendios traballou para controlar o lume e evitar males maiores. O traballo realizado en terra polas brigadas tiña en todo momento o apoio dos helicópteros e hidroavións que participaban no dispositivo.

Este lume coincidiu cunha ola de calor que provoca que a maior parte da provincia de Ourense sufra temperaturas superiores ós 40º. Esta situación fai aínda máis complexa a labor dos equipos de extinción.

Controlado o incendio que afectou a Melón e Ribadavia

A estratexia a seguir foi a de perimetrar o lume para evitar o seu avance. Axudados de maquinaria pesada (bulldozer) os traballos poderían estar dando os seus froitos.

Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia, estivo pendente en todo momento do avance do incendio. A alcaldesa estivo en contacto permanente co Conselleiro de Medio Rural, José González, para ter información precisa da situación que estaban a vivir.

«Quero mostrar a miña condena máis rotunda a estes feitos, intentarei que estes feitos non queden impunes, aínda que sabemos que é difícil dar con este tipo de persoas» asegurou Noelia Rodríguez. Polo momento non hai que lamentar danos persoais pero como reflexa a alcaldesa de Ribadavia, o dano provocado nos montes é moi importante. «É unha tremenda impotencia ver arder os nosos montes. Non é de recibo que os veciños/as teñamos que vivir preocupados por persoas que non son conscientes do mal que causan».

A última hora de hoxe, mércores 13 de xullo, o lume parece controlado. Parte dos traballos realizados durante a última xornada estiveron orientados a arrefriar as zonas xa queimadas. A intención é que non se reaviven os lumes.

O dispositivo que está a participar na extinción do incendio consta de:

  • 3 Bulldozers
  • 30 Brigadas terrestres de extinción de incendios,
  • 1 Hidroavión,
  • 4 Avionetas,
  • 4 Helicópteros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.