Non se pode acender a lúa – Avelino Jácome
Cando a miña voz cale coa morte, o meu corazón seguirache falando. «A lúa nova» (1913) Tagore
Amigo José Paz
A Lúa, quen me dera acendela outra vez para ti, mais os homes bos e xenerosos habitan no reino inmortal do recordo!
Non se pode acender a lúa
Quen puidera acender a lúa,
ou cegar o ceo,
queimar as escumas todas?
As dos ríos onde durmiamos xuntos.
Para non lembrarte, para non lembrarnos.
Quen puidera acender a lúa,
meu ben, quen puidera!!
Que puidera crear de novo o mundo?
Cortar na arbore, o enxerto do mal.
Quen puidera coñecer o vello Edén?
Cando Deus modelou a primeira muller.
Quen puidera acender a lúa,
meu ben, quen puidera!!
Estar, cando todo era novo do trinque,
cando aínda voaban as serpes.
E os homes soñabamos…
Co amor era eterno e non morriamos!!
Non se pode acender a lúa,
meu ben, non se pode!!