Colaboraciones

Avelino Jácome recomenda a lectura de…

Avelino Jácome, empresario e escritor, recomenda a lectura dun libro que para el ten un significado especial ante a proximidade do Día Internacional do Libro o vindeiro 23 de abril.

Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase como chegou ás súas mans, que lle aportou e por que o recomenda.

Avelino Jácome recomenda a lectura de…

Tener o ser, de Paco Ascón

Permitide que vos recomende un libriño, cativo en canto a numero de páxinas, moi grande en canto o sentimento que abarca, tratase de «Tener o Ser» do pintor e marabilloso escritor, Paco Ascón.

Di José Saramago na novela «O  ano da morte de Ricardo Reis»: «As películas son como a poesía, arte da ilusión, acomodándolle un espello faise dun charco un océano».

A poesía serve para alimentar a alma e a filosofía para comprender a vida, este  magnifico libro esconde as dúas fontes do inmenso maná do coñecemento.

Dozura, consolo, denuncia e resposta, ás inxustizas. A avaricia xera morte e  a empatía salvación.

Ser ou Ter, son as dúas caras da moeda, as dúas directrices que cambian o camiño dos protagonistas, camiñantes dun mundo que agoniza, porque «ter» converteuse en prioridade e os posesivos compraron o mundo, os adxectivos son só elementos a incluír no discurso para enxalzar o poder duns, xustificando a opresión, sobre os outros.

Diranos Paco, presentando a Maruxa «é unha muller, aínda moza, aínda que algo  murcha por unha vida non demasiado regalada, sempre alegre e cantarina. Poderíase dicir que é unha muller feliz co que o universo lle puxo o seu dispor» velaí a pedra filosofal, aceptarme como son e conformarme co que o «universo» tivo a ben regalarme e engade: «Que non é moito pero que a ela resúltalle suficiente». Parecería que Maruxa non aspira a grandes cousas, se se interrompe aquí a lectura, pero o noso querido autor continua explicando o porqué «pois a súa aspiración é ser feliz e facer felices aos que a rodean».

Tener o ser, de Paco Ascón

Ah! Amigos, MARUXA QUERE ALCANZALA CUME DO SER, si escribo en maiúsculas. Pódese ser algo mais grande, que feliz? Ou mellor aínda, vale a pena Ser ou Ter calquera outra cousa? E pechando o parágrafo e o circulo coa dificultade que encerra a sinxeleza;  Ascón ou Maruxa remata, «coas condicións dispoñibles». Dicíndonos, instándonos a facer o mesmo, co dispoñible, pódese construír a felicidade. O TODO É POSIBLE, PORQUE A FELICIDADE É O TODO.

Avelino Jácome recomenda a lectura de…
Avelino Jácome recomenda a lectura de…

Canto, estrañamos aquel nadal ao redor do lume, da vella lareira, con pouca pitanza, comida sinxela, pero a familia reunida. A felicidade do ser, do ternos uns a outros para compartila e como a vida familiar dos Cigarreira, pase o que pase, «Mañá será outro día».

Este libro convida amigos a pensar con optimismo do SER para enfrontar o mañá que será o primeiro día do resto da nosa felicidade se o sabemos encarar. Dígovos que estes tempos necesitaban este libro e este libro é un antídoto contra a negatividade e unha advertencia contra o conformismo do TER, que condena ao final ao egoísmo e ao fracaso.

Amigos, se non o tendes recomendo de todo corazón, un libro para pensar e gozar.

Avelino Jácome – empresario e escritor
Director da Revista Cultural Nós, a Xente do Redor

http://orixepublicidade.es/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba