Colaboraciones

A lectura que recomenda Marta Bravo

Ante a proximidade do Día do Libro, mostramos a lectura que recomenda Marta Bravo, directora do Estudio Repenica.

Ourensenarede pediulle que nos recomendase un libro que poida ser de interese para outras persoas e que nos indicase as razóns polas que o recomenda.

O Día do Libro é unha celebración significativa que promove a lectura, a educación e a cultura ao redor do mundo. Esta data especial resalta a importancia dos libros como fonte de coñecemento, imaxinación e entretemento, mentres honra o legado de grandes autores e obras literarias.

A lectura que recomenda Marta Bravo

A lectura que recomenda Marta Bravo
Marta Bravo

El papel pintado amarillo, de Charlotte Perkins Gilman.

A lectura que recomenda Marta Bravo

En tan so 88 páxinas este libro conéctate dunha forma moi realista coa angustia que zumega da protagonista. Unha muller que pasa por unha depresión postparto e que se ve reducida a sobrevivir en catro paredes forradas cun papel amarillo (clave no desenvolvemento da saúde mental da muller) polos “coidados” do seu marido, de profesión médico.

Privada da súa expresión artística e da súa esencia de muller e de persoa, ten como único obxectivo recuperarse sen molestar demasiado. Igual que ocorre con Emilia Pardo Bazán e o seu “El encaje roto”, a autora é capaz de poñer de manifesto a desigualdade que afecta ás mulleres doutro século nun contexto avanzado para a súa época.

As comparacións que podemos chegar a facer co mundo actual son realmente abrumadoras. Recomendo este libro pola capacidade de pensamento que nos regala, pola empatía que xenera e que nos pode ser moi útil se queremos cambiar as desigualdades actuais.

Botón volver arriba