Colaboraciones

A lectura que recomenda Antía Vidal

Ante a proximidade do Día do Libro, mostramos a lectura que recomenda a actriz de Ourense Antía Vidal Salgado.

Ourensenarede pediulle que nos recomendase un libro que poida ser de interese para outras persoas e que nos indicase as razóns polas que o recomenda.

O Día do Libro é unha celebración significativa que promove a lectura, a educación e a cultura ao redor do mundo. Esta data especial resalta a importancia dos libros como fonte de coñecemento, imaxinación e entretemento, mentres honra o legado de grandes autores e obras literarias.

A lectura que recomenda Antía Vidal

A lectura que recomenda Antía Vidal
Antía Vidal

Cústame moito recoller un so libro que recomendar porque sempre estou lendo varios a vez, as veces non dou feito con tanta lectura, así que hoxe vou recomendar dous e sen dar moito a brasa porque penso que cada quen ten que descubrir o que libro ten que mostrarlle.

«Los siete maridos de Evelyn Hugo«

A lectura que recomenda Antía Vidal

O primeiro é un libro que sacoume dun bloqueo lector, e que fixo que me adentrara no old Hollywood a través da vida dunha lexendaria actriz e dunha maneira totalmente aditiva, sen poder apartar a mirada das páxinas. “Los siete maridos de Evelyn Hugo

«Ninguén morreu de ler poesía» de Aldaolao (Lucia Aldao e Maria Lado)

A lectura que recomenda Antía Vidal

E a miña segunda recomendación é “Ninguén Morreu de ler poesía” de Aldaolao, unha Dupla de mulleres poetas e artistas con maiúsculas, cun talento inmenso e unha maneira de contar a través da poesía a vida que é precioso. Para min é poesía moi cercana, moi punki e moi da Nosa xeración, Cunha calidade brutal. E non vexades como son en directo, flipades!!! En definitiva unhas tías chulísimas facendo cousas chulísimas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.