Unha sesión de cine familiar será o evento que sirva para rematar o Verán Cultural de Barbadás 2022 que se leva celebrado durante todo o verán no Parque dos Patos da Valenzá.
A película que os asistentes a esta última xornada cultura poderán ver é Valentina. Dirixida por Chelo Loureiro, trasládanos ó mundo de Valentina, unha rapaza con síndrome de Down.
Cine familiar para rematar o Verán Cultural de Barbadás
Hoxe xoves, 25 de agosto, poderemos acompañar a Valentina na viaxe que realizará para lograr o seu sono. Valentina quere ser trapecista e pensa que ter síndrome de down é o motivo para non acadar a súa meta.
Coa compaña do rato Chiqui, Valentina descubrirá que é unha nena moi especial e manterá viva a ilusión por acadar os seus soños. A partir das 22h. no Parque dos Patos, a película Valentina pecha a programación de Verán do programa Barbadás é Cultura.