Veciños, asociacións e profesionais sanitarios únense para promover a saúde e mellorar a calidade de vida en Barbadás.
A Plataforma Veciñal por un Barbadás Saudable nace como unha iniciativa aberta á participación da veciñanza, asociacións e profesionais sanitarios para sumar esforzos en materia de saúde, prevención e participación cidadá.
Nace a Plataforma Veciñal por un Barbadás Saudable
A plataforma promoverá talleres e actividades de educación para a saúde, colaborará co tecido asociativo e dará visibilidade ao traballo das entidades que acompañan diariamente persoas doentes e as súas familias.

Entre os seus obxectivos tamén figura recoller necesidades e formular propostas para mellorar os servizos sanitarios de Barbadás, incorporando a voz da veciñanza e dos profesionais.
A iniciativa defínese como aberta, plural e participativa, coa intención de crear redes de colaboración entre cidadanía, asociacións e ámbito sanitario para avanzar cara a un Barbadás máis saudable, informado e con maior calidade de vida.

