A Romaría da Saínza 2026 celebrarase en Rairiz de Veiga do 24 ao 27 de setembro cun programa que combina tradición, relixiosidade, música e representacións históricas.
A principal novidade desta edición será a recuperación do combate infantil de mouros e cristiáns, que non se celebraba desde hai anos.
Romaría da Saínza 2026 en Rairiz de Veiga
A novena edición de “O meu primeiro combate de mouros e cristiáns” terá lugar o sábado 26 de setembro, ás 18:15 horas. Este combate infantil de mouros e cristiáns terá lugar no campo do Castelo. A iniciativa busca favorecer a participación das novas xeracións nunha das celebracións máis características da comarca.

Este programa terá dous dos seus momentos centrais durante a fin de semana. O sábado, ás 23:45 h, o exército cristián desfilará desde a Capela da Saínza ata o Campo do Castelo para dar paso, á medianoite, á XIX Noite Moura: Asalto ao Castelo.
O domingo 27, ás 12:45 h, o campo de batalla acollerá o Gran Combate de Mouros e Cristiáns, a representación máis emblemática da romaría.
A programación comezará o xoves 24 coa procesión da Nosa Señora da Mercé e a actuación do Trío Iris. O venres haberá xogos infantís, o grupo Xoldra e o III Festival Sainza Soundscape. O sábado terán lugar as procesións, as actuacións das orquestras Triunfo e América S.L. e a verbena nocturna.
A xornada do domingo contará coa procesión ata o Castelo, misa solemne, o gran combate, sesión vermú e actuacións das charangas Los Támega e da París de Noia. Tamén se realizará a homenaxe a persoas destacadas na Romaría da Saínza.

