Noticias

O PSOE levará aos tribunais a moción de Rairiz de Veiga

O PSdeG-PSOE denunciará nos xulgados as irregularidades na convocatoria do pleno que aprobou a moción de censura contra a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, ao considerar que se vulneraron os dereitos de dous concelleiros socialistas que non recibiron correctamente a notificación e non puideron participar na sesión.

A moción prosperou cos cinco votos dos seus promotores, fronte aos dous votos en contra dos socialistas presentes.

O PSOE levará aos tribunais a moción de Rairiz de Veiga

A nova maioría está integrada por dous edís do PP, dous exconcelleiros do BNG que pasaron ao grupo de non adscritos e un edil procedente do PSOE.

O PSOE levará aos tribunais a moción de Rairiz de Veiga
Foto: PSdG-PSOE.

O secretario provincial socialista, Álvaro Vila, cualificou o acontecido de «esperpento institucional» e acusou o PP de Luís Menor de recorrer ao transfuguismo. Ademais, reclamou explicacións sobre o papel dos populares na operación.

Pola súa banda, Morgade reivindicou os seus once anos na Alcaldía, que asumiu en 2015 como primeira muller en ocupar o cargo. A socialista lembrou que o PSOE foi a forza máis votada nas últimas municipais, cun 26 % dos votos, e defendeu a mellora da situación económica e administrativa do Concello durante os seus mandatos.

O PSdeG trasladou o seu apoio á alcaldesa saínte e anunciou que pedirá aos tribunais que determinen as consecuencias das irregularidades denunciadas.

Botón volver arriba