O Roi Xordo acolle o sábado, 17 de setembro, un concerto de Rock en Galego coa actuación do grupo Exeria procedente de Ponteareas.
O Rock en galego volver a Allariz da man do grupo Exeria. Esta formación nace da unión de músicos procedentes de grupos con larga traxectoria. Circular, Cool Funeral ou O caimán do Río Tea son formacións nas que os integrantes de Exeria tiveron un contacto directo có Rock dos 90.
O Roi Xordo acolle Rock en Galego
Tralos primeiros concertos na provincia de Pontevedra, Exeria actuará por primeira vez en Ourense. O seu concerto terá lugar no Roi Xordo e permitirá ós asistentes escoitar os primeiros traballos do grupo.
A Praza dos Mesóns acolle este concerto que comezará ás 00:00h e que supón a continuidade da aposta que o Roi Xordo fai pola música en galego e en directo.