A primeira presentación do libro Xoaniña de Deus terá lugar no Espazo Lector Nobel de Ourense o venres, 2 de decembro, ás 19:30h.
A obra da escritora ourensá Alba Guzmán Falcón está obtendo unha forte acollida entre os lectores dende o día da súa publicación.
Neste acto de presentación que terá lugar na librería Nobel, teremos a oportunidade de escoitar de primeira man as reflexións da autora sobre o libro. No mesmo acto participarán o escritor Javier Fraiz, o Director de Xerais, Fran Alonso, e a Directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel.