O conservatorio de Ourense celebra a semana da muller na música cunha programación de actividades entre os días 7 e 9 de marzo de 2023.
Co gaio da conmemoración o 8 de marzo do Día da muller traballadora, o Conservatorio de Música de Ourense organiza varios actos.
O Conservatorio celebra a semana da muller na música
O martes, 7 de marzo, un concerto no Auditorio do Conservatorio mostrará obras compostas por mulleres. «Compositoras no aire 2023» contará coa participación de alumnado e profesorado do centro.
Unha conferencia de Aida Lozano o xoves, 9 de marzo, permitirá coñecer mellor o papel das mulleres nas bandas de música. ás 16h dará comezo esta conferencia que se presenta baixo o título «A presencia da muller nas bandas de música: Camiños percorridos-metas por acadar».
Ese mesmo día, 9 de marzo, o Auditorio do Conservatorio acollerá o concerto «A dúas bandas» ás 19h mentres na entrada do centro acolle unha exposición sobre a gaiteira Aurea Rodríguez. Esta exposición ten por título «Áurea Rodríguez a través da prensa: a gaiteira e empresaria cartellá de comezos do século XX».