Agora Ourense prosegue a súa campaña electoral e mostra o seu programa no barrio do Couto para que a veciñanza coñeza a súa proposta.
Faltan poucos días para as eleccións municipais do 28 de maio e os partidos pisan o acelerador para poder chegar a un maior número de votantes.
Agora Ourense mostra o seu programa no barrio do Couto
Toño Naval, candidato á alcaldía por Agora Ourense, estivo no barrio do couto acompañado de outros integrantes do partido. Durante varias horas, os membros desta coalición electoral puideron dar a coñecer as liñas principais da súa proposta para o concello de Ourense.
Ademais desta campaña informativa, Toño Naval tamén mantivo unha reunión coa Asociación de Escaladores Ourensá na sede desta entidade deportiva. Millán Brea, membro da candidatura, mantivo unha reunión con asociacións estudiantís de Ourense no Campus Universitario.