A participación nas eleccións xerais deste domingo alcanza o 45,74% ás 14.00 horas, 5,26 puntos máis que en 2023, cando se situaba no 40,48%, segundo os datos difundidos polo Ministerio do Interior co 99,99% das mesas comunicadas.
En Ourense, a participación tamén aumenta respecto aos anteriores comicios. O primeiro avance sitúa a afluencia ás urnas no 43,96%, fronte ao 39,03% rexistrado en 2023, o que representa unha subida de 4,93 puntos porcentuais.
Ourense sobe case cinco puntos na participación electoral
O incremento da participación esténdese á maioría do territorio estatal. A afluencia sobe en todas as provincias agás Cáceres, Badaxoz, Córdoba e Xaén, así como en todas as comunidades autónomas menos Extremadura. Tamén aumenta en sete de cada dez municipios. Ceuta e Melilla rexistran subidas próximas aos once puntos.



O dato estatal das 14.00 horas é o máis elevado da serie histórica desde o restablecemento da democracia. Ata agora, a maior participación rexistrada a esa hora correspondía a 1993, cun 41,8%.
En 1982, as eleccións xerais que manteñen o récord de participación final, a afluencia ás urnas ás 14.00 horas foi do 39,8%.

Con todo, será necesario esperar ao escrutinio desta noite para coñecer a participación final dos electores residentes en España. A cifra definitiva chegará posteriormente, unha vez contabilizado o voto CERA, correspondente aos españois residentes no estranxeiro.

