A cabeza de lista do BNG exerceu o seu dereito ao voto no centro da cidade e chamou á participación nunha xornada electoral sen incidentes.
A candidata do BNG ao Congreso por Ourense, Noa Presas, votou este domingo no centro da cidade, acompañada de militantes e simpatizantes da formación nacionalista. Tras depositar a súa papeleta, animou á cidadanía a participar nas eleccións e exercer libremente o seu dereito ao voto.
Noa Presas anima a votar para facer valer Ourense
Presas agradeceu tamén o traballo das persoas que constitúen as mesas electorais e que dedican o domingo a garantir o desenvolvemento da xornada. A candidata agarda que a votación transcorra sen incidentes.

A cabeza de lista destacou a importancia do voto, especialmente para as mulleres, que tardaron séculos en conquistar este dereito. Por iso, chamou a participar pensando nos intereses propios, nas maiorías sociais e no futuro de Ourense e Galicia.
“Animo a todo o mundo a que exerza libremente ese dereito a voto, pensando no que é mellor para os seus intereses, para as maiorías sociais e o mellor para facer valer Ourense e Galiza”, subliñou tras votar.

