Noticias

Noa Presas anima a votar para decidir o futuro de Ourense

A cabeza de lista do BNG aproveitou a xornada de reflexión para compartir un vermú con amizades e chamou á participación nas eleccións deste domingo.

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, animou a cidadanía a votar este domingo 29 de novembro para decidir o futuro da provincia e de Galiza.

Noa Presas anima a votar para decidir o futuro de Ourense

A candidata aproveitou a xornada de reflexión para compartir unha sesión vermú con amizades, tras unha campaña que cualificou de intensa e emocionante.

Noa Presas anima a votar para decidir o futuro de Ourense
Foto: BNG

Presas pediu especialmente ás persoas que aínda non decidiron o seu voto que reflexionen sobre que Ourense queren e lembrou a importancia de exercer un dereito conquistado hai décadas. “Estamos nun momento e unha oportunidade histórica para Ourense”, destacou.

A candidata tamén agradeceu o traballo da militancia e das persoas simpatizantes do BNG durante a campaña, marcada polas adversidades meteorolóxicas. Presas reivindicou o contacto directo coa cidadanía e asegurou que, aínda que non tiveron “prime time”, si estiveron na rúa, onde numerosas persoas se achegaron aos postos e carpas da organización.

Botón volver arriba