Noticias

Ana Vázquez comprométese a reforzar os medios das Forzas de Seguridade

A candidata do PP ao Congreso por Ourense reuniuse con sindicatos policiais e asociacións da Garda Civil para trasladar as propostas de Feijóo.

Ana Vázquez, comprometeuse a dotar de máis medios materiais, humanos e xurídicos ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado se Alberto Núñez Feijóo chega á Presidencia do Goberno.

Ana Vázquez comprométese a reforzar os medios das Forzas de Seguridade

Vázquez mantivo este venres un encontro con representantes dos sindicatos policiais e das asociacións profesionais da Garda Civil para abordar os retos da seguridade cidadá e presentar as propostas da formación de cara ás eleccións xerais deste domingo.

Ana Vázquez comprométese a reforzar os medios das Forzas de Seguridade
Foto: PP.

A popular agradeceu o traballo destes colectivos na defensa das melloras laborais e operativas dos axentes e destacou o labor parlamentario desenvolvido polo PP nas últimas lexislaturas.

A candidata asegurou que a chegada de Feijóo ao Goberno suporía un cambio de rumbo para facilitar o traballo diario dos corpos de seguridade e reforzar a súa capacidade de actuación. Vázquez reiterou o apoio do partido á Policía Nacional e á Garda Civil e afirmou que defender os seus integrantes é protexer o conxunto da cidadanía.

Botón volver arriba