A candidata reclama catro anos para romper o bipartidismo e impulsar o metro lixeiro entre O Carballiño e Ourense, recuperar o ferrocarril e mellorar a N-541
A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, pediu concentrar o voto na formación nacionalista o 29N para acabar con case 50 anos de bipartidismo e conseguir avances para a provincia. Nun encontro coa veciñanza do Carballiño, reclamou catro anos para demostrar que existe outra forma de defender Ourense en Madrid.
Noa Presas pide concentrar o voto no BNG para cambiar Ourense
Entre as propostas, Presas defendeu o metro lixeiro entre O Carballiño e Ourense, a recuperación das conexións ferroviarias con Galicia e a mellora da N-541, ademais da construción da circunvalación da vila.

A candidata criticou que PP e PSOE se repartisen a representación durante décadas sen conseguir as melloras necesarias. «Pasan o Padornelo e sempre se esquecen de Ourense», afirmou.
No encontro participaron tamén Manuel Caíña e Manuel Chan, candidato do BNG á alcaldía do Carballiño.

