Noticias

Rosa Quintana propón unha fiscalidade diferenciada para a gandaría

A candidata do PP ao Congreso comprométese en Castro Caldelas a reducir a burocracia das explotacións e facilitar a incorporación da mocidade ao sector primario.

A candidata do PP ao Congreso por Ourense, Rosa Quintana, anunciou en Castro Caldelas unha proposta de fiscalidade diferenciada para a gandaría e medidas para reducir a burocracia que soportan as explotacións.

Rosa Quintana propón unha fiscalidade diferenciada para a gandaría

Quintana mantivo un encontro con representantes do sector primario da provincia para coñecer as dificultades das explotacións e presentar as propostas incluídas no Libro Branco do Sector Primario, encargado por Alberto Núñez Feijóo.

Rosa Quintana propón unha fiscalidade diferenciada para a gandaría
Foto: PP.

Entre as medidas figura revisar a normativa para simplificar os trámites administrativos e avaliar o impacto económico de calquera nova regulación antes da súa publicación. O PP tamén propón unha fiscalidade específica para a gandaría e fórmulas que faciliten a incorporación da mocidade á actividade.

En materia de comercialización, Quintana defendeu reforzar os controis nas fronteiras para garantir que os produtos procedentes de terceiros países cumpran as mesmas esixencias que os nacionais.

A candidata criticou a xestión do Goberno de Pedro Sánchez, ao que acusou de deixar o sector primario nun segundo plano durante os últimos oito anos. «Defender o noso rural é defender a nosa economía e tamén o noso futuro«, concluíu.

Botón volver arriba