Noticias

40 limpadoras de Correos en Ourense levan 3 meses sen cobrar

40 limpadoras de Correos en Ourense levan 3 meses sen cobrar e convocan unha manifestación para este mércores, 4 de outubro.

Todo comezou cando a empresa SCT ACVA, S.L. gañou o concurso para xestionar o servizo de limpeza de Correos en Galicia cunha oferta moi inferior ó prezo de mercado. A partir dese momento as faltas de pagamento foron habituais.

40 limpadoras de Correos en Ourense levan 3 meses sen cobrar

Na provincia de Ourense esta situación afecta a 40 traballadoras que levan desde o 4 de setembro cunha folga indefinida para reclamar os seus dereitos e salarios. Estas traballadoras teñen pendente de cobro as nóminas de xullo e agosto e están a sufrir unha situación de emerxencia por esta circunstancia.

Ante esta situación, as traballadoras solicitan a Correos que rescate o servizo e abone os salarios pendentes. A empresa SCT AVA, S.L. logrou en decembro de 2022 o contrato para a limpeza das dependencias de Correos en 15 provincias de España entre as que se atopa Ourense.

40 limpadoras de Correos en Ourense levan 3 meses sen cobrar

A partir das 11:30h, as traballadoras realizarán unha manifestación polas rúas da cidade con inicio na oficina central de Correos na Alameda e remate na subdelegación do Goberno.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.