A AC O Tangaraño organiza a partir do 15 de outubro un Obradoiro de máscaras de Farrumecos en Sobradelo, no concello de Xunqueira de Ambía, co obxectivo de recuperar e transmitir os coñecementos ligados a esta tradición do Entroido.
A actividade desenvolverase dous días ao mes e permitirá aprender paso a paso o proceso de elaboración das máscaras, incluíndo o seu secado e pintado. As prazas son limitadas.
Obradoiro de máscaras de Farrumecos en Sobradelo
O prezo é de 30 euros para as crianzas e 45 euros para os adultos. As persoas interesadas poden inscribirse a través das redes sociais da AC O Tangaraño ou mediante WhatsApp.

Desde a asociación animan a participar para contribuír a manter viva a tradición dos Farrumecos e preparar a próxima celebración do Entroido.

