Noticias

O Tangaraño Cultural 2026 arrinca con éxito en Molgas e Xunqueira

O Tangaraño Cultural 2026 iniciou a súa programación cunha dobre cita literaria e cultural en Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía.

O escritor Anxo Guerra foi o gran protagonista desta primeira sesión de “Debullando nas Letras”, celebrada o 15 de maio. Esta xornada reuniu a público, representantes institucionais e amantes da literatura arredor das Letras Galegas.

O Tangaraño Cultural 2026 arrinca con éxito en Molgas e Xunqueira

A primeira parada tivo lugar en Baños de Molgas, onde o autor foi recibido polo alcalde da localidade e por un numeroso público. Durante o encontro, Guerra quixo render homenaxe ao humorista e escritor Moncho Borrajo, lendo fragmentos da súa obra.

O Tangaraño Cultural 2026 arrinca con éxito en Molgas e Xunqueira
Baños de Molgas

A programación continuou en Xunqueira de Ambía, onde foi o tenente de alcalde quen se encargou da presentación do acto. Alí, os asistentes puideron escoitar textos poéticos da autora Rochi Nóvoa Vázquez.

O Tangaraño Cultural 2026 arrinca con éxito en Molgas e Xunqueira
Xunqueira de Ambía

A través das súas redes sociais, Anxo Guerra definiu a xornada como “unha tarde moi bonita de ourensanía”, destacando tanto a acollida recibida nos dous concellos como o ambiente cultural vivido arredor da literatura galega. O escritor tamén agradeceu expresamente o traballo de Rochi Nóvoa, impulsora de Tangaraño Cultural desde Sobradelo, en Xunqueira de Ambía, polo seu “traballo incansable” para facer posible esta iniciativa.

Os dous actos remataron cun espazo de convivencia entre participantes e asistentes, consolidando un arranque moi positivo para unha nova edición de Tangaraño Cultural, que continúa apostando pola promoción da lingua, a literatura e a identidade cultural galega.

Botón volver arriba